Mostrando entradas con la etiqueta Claudia Sánchez. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Claudia Sánchez. Mostrar todas las entradas

הצלה מטמטית - Claudia Sánchez


Texto en español en Cortitos: "Salvación matemática".


Traducido al hebreo por Adriana Lucas

בחדר המת בלט אוסף ספרים של "קבלה וכלכלה", על השולחן מחשב. חשבתי שהמפתח

לכניסה למחשב יהיה קוד של חמש ספרות.

ספרתי את אותיות שמו, עד לקבלת סיפרה אחת: 9. ניסיתי את שיטת פיבונאצי שאומר, חיבור של המספר הראשון והאחרון שווה 9, גיליתי שבמקרה הזה, לא נכון.

לאחר ניסיונות רבים בחישובים, פיצחתי את הסיסמה:

חיבור של שני מספרים בעלי 5 ספרות, מ-0 עד 9, כאשר החיבור של הספרות של כל אחד מהמספרים וחיבורם שווה 9. הסיסמה הייתה 99.999.

על המסך הדלוק הופיע כתובת המזמינה את הקורא לפנות לראש המדינה כדי לגלות לו את האמת המוקלטת בקובץ קולי

" נולד סדר חדש ואוניברסלי . אנו, עשרה אנשים, האחרים לאסון העולם חייבים להתאבד כדי להציל מיליוני רעבים כל אחד. מאות נזירות ברחבי העולם תדענה איך לפעול במידה שהדבר לא יעשה" .

בקובץ אחר מופיעים השמות של כל העשרה שהמחזיק ביד מקיר וגם ההוראות עבורו. הספירה לאחור התחילה.

למספר עשר לא היה אומץ להתאבד, אני ביצעתי את המשימה. כבודך מס. 8. בבקשה לא למחוק את הקובץ".

אבל,בגלל התרגשות, הוא לחץ על המחיקון והתפרק.

עכשיו אתה, הראשון והאחרון שיודע, רוצה שהמשיך את ההיסטוריה או שמעדיף להמשיך בעצמך?


Claudia Sánchez

Salvazón matemática - Claudia Sánchez



Texro en español en Cortitos: "Salvación matemática".

Traducido al gallego por Loli Carril Miguez
.

Na habitación do morto, destacaba a colección de "Cábala e Economía"; por iso supuxen que a clave de acceso da computadora sería un código de 5 díxitos.
Sumei as letras do seu nome reducíndoas a un número: 9. Tentei cos primeiros de Fibonacci, que sumando o primeiro e o último resulta 9. Errada. Finalmente, logo de moitos cálculos, fun quen de descifrar a clave: a suma de 2 cifras de 5 díxitos, do 0 ao 9, onde a sumatoria de cada cifra reflíctese ao final da mesma e sumada á outra resulta 9. A clave foi 99.999.
Ao iluminarse a pantalla, unha lenda chamaba ao lector a dirixirse ao Presidente da Nación, para achegarlle a verdade, gravada nun arquivo de audio. E alí fun.
“Unha nova orde universal está a nacer. Os 10 responsables da catástrofe mundial debemonos suicidar para salvar a mil millóns de famentos cada un. Centos de miles de monxas ao redor do mundo saberán que facer se isto non se cumpre. En arquivo á parte figuran os 10 nomes, que o portador xa coñece e ten instrucións respecto diso. A conta regresiva comezou. O 10° non tivo valor para matarse, así que o fixen eu. Ti es o 8°. Non tentes borrar este arquivo. “
Pero, incrédulo, presionou rapidamente a tecla Borrar e, literalmente, desintegrouse.
Agora vostede, que é o primeiro e o último, ¿quere que siga contándolle a historia ou prefire facelo á súa maneira?

Claudia Sánchez

Nocturno - Claudia Sánchez


Texto en español en Cortitos: "Nocturno".

Traducido al gallego por Loli Carril Miguez.

Vestíronse coa vergoña de Adán e Eva tras probar a mazá. Ignorantes do mandato orixinal, nunca souberon que coñeceran paraísos de seu, e partiron, cada un polo seu lado, coa crenza de merecer o inferno.



Claudia Sánchez

Feitizo - Claudia Sánchez


Texto en español en Cortitos: "Sortilegio".

Traducido al gallego por Loli Carril Miguez.

Escapou do agocho na que a resgardabas dos falsos amigos, por ese medo kafkiano que che confunde e pérde en intrincados labirintos, eses que terminan todos no mesmo lugar. Di.
Escapou camiñando descalza na area, o mar apenas rozando os seus dedos, os seus ollos controlando a tormenta por dentro e por fóra para que o raio non a agarre desprevida. Di.
Escapou e chegou até aquí, para dicir que non só as bruxas provocan feitizos. Tamén as noites de lúa chea.

Claudia Sánchez

O Creacionista - Claudia Sánchez


Texto en español en Cortitos: "El Creacionista".

Traducido al gallego por Loli Carril Miguez.

Teño un soño moi recorrente por estes días: sobrevoo a terra de sur a norte. Alí, os sentidos se distorsionan e tanto podo ver o planeta enteiro, como ás pedras do fondo do mar. Podo dobrar a liña do tempo, ata facer que os seus extremos tóquense e formen un círculo sen principio nin fin. E nesa roda, sobresaen sete anxos con sete candelabros nas portas de sete igrexas, queimando sete selos que desatan sete pragas que destrúen toda vida sobre a terra. E vexo tamén a douscentos millóns de xinetes inmaculados que son salvados e transformados para o inicio dunha nova era. E véxoos nadando nun magma blancuzco, loitando por alcanzar a luz que os voltará á vida. Entón, en dominio dun poder absoluto, conteño o alento e esperto. Acabo exhausto. Sei que o único xeito de terminar con estes soños é empezar dunha vez coa Creación. Un día destes. 
Teño un soño moi recorrente por estes días: sobrevoo a terra de sur a norte. Alí, os sentidos se distorsionan e tanto podo ver ao planeta enteiro, como ás pedras do fondo do mar. Podo dobrar a liña do tempo, ata facer que os seus extremos tóquense e formen un círculo sen principio nin fin. E nesa roda, sobresaen sete anxos con sete candelabros nas portas de sete igrexas, queimando sete selos que desatan sete pragas que destrúen toda vida sobre a terra. E vexo tamén a douscentos millóns de xinetes inmaculados que son salvados e transformados para o inicio dunha nova era. E véxoos nadando nun magma blancuzco, loitando por alcanzar a luz que os volverá á vida. Entón, en dominio dun poder absoluto, conteño o alento e esperto. Acabo exhausto. Sei que o único xeito de terminar con estes soños é empezar dunha vez coa Creación. Un día destes.

Claudia Sánchez

Vodas de Sangue - Claudia Sánchez


Texto en español en Cortitos: "Bodas de sangre".

Traducido al gallego por Loli Carril Miguez.

O único que a noiva ansiaba era unirse co seu amado. Levaba anos soportando a tráxica vida á que Lorca condenáraa. O día chegara, era o momento de cambiar o seu sino. Parada xa fronte ao noivo, pensaba no auto esperándoa; moi preto del, nas maletas xa cargadas; os seus beizos case rozándose, tornaban o seu corazón taquicárdico; entón sacou a súa arma e disparoulle silenciosamente.
Mentres a bala facía o seu percorrido, entrando polo queixo e saíndo polo cranio, a noiva fuxía pola porta lateral do púlpito, onde Leonardo esperábaa co auto en marcha.
Finalmente, os tempos cambiaran, xa non era costume ter mortos por honra.

Claudia Sánchez

Esencial - Claudia Sánchez


Texto en español en Cortitos: "Esencial".

Traducido al gallego por Loli Carril Miguez.

Escudriñaba a súa esencia no fondo da pupila reflectida no espello, cando unha voz de nena, moi afastada, rumoreoulle unha frase do Principiño. Decepcionada, púxose as súas lentes de sol, tomou a sua carterita e voltou á rúa, a traballar.


Claudia Sánchez

Prospettive - Claudia Sánchez


Texto en español en Cortitos: "Perspectivas".

Traducido al italiano por Stefano Valente

«È una bimba!» disse la levatrice, mentre con delle pinze da depilazione estraeva la creatura dal buco della serratura di quella cintura di castità. Alla partoriente stava tornando alla memoria la notte nella quale aveva avuto la sorprendente visita di quel lillipuziano che portava notizie del suo sposo. Un sorriso le si disegnò sul viso.

Claudia Sánchez